martes, 20 de febrero de 2018

2PRIMARIA "Cooperamos para conseguir o mesmo obxectivo"

O noso compañeiro Brais, trouxonos un xogo moi curioso para fomentar o traballo en equipo doutra maneira diferente das estruturas que estamos acostumados a facer. Xogando, démonos conta do importante que é que todos os membros do equipo vaiamos na mesma dirección, que todos somos necesarios para chegar ao obxectivo final. Neste caso tiñamos que guiar unha cor todos ao mesmo tempo  e na mesma dirección para chegar á fin do camiño.
Pasamos un rato divertido, cooperando e  case sen decatarnos, todos fixemos o noso camiño.

lunes, 19 de febrero de 2018

2PRIMARIA "Nova sementeira"

O curso pasado probamos sorte coas tomateiras, este, facémolo cos amorodos.
Comprobamos que as sementes están na "pel" de fóra e que debaixo desta xa non hai ningunha. Metémolas na terra e regamos para completar o proceso. Agora agardamos ter a mesma sorte do ano anterior!!!!

miércoles, 14 de febrero de 2018

3 * Primaria "Carnaval 2018"

Los niños de 3 * de Primaria lo pasaron en grande celebrando "El Carnaval" en el cole.
Tuvimos disfraces preciosos desde animadoras , policías , mimos, charlestons, ratitas y hasta Mary Popins.
       ¡¡Feliz Carnaval 2018!!

jueves, 8 de febrero de 2018

2 PRIMARIA _A " Lenda do fin do mundo"

Que mañá tan entretida pasaron @s alumn@s  de segundo de primaria co "profe" Elías!!!!
Esta lenda da India espertou a nosa curiosade e as ganas de participar nesta interesante e divertida actividade relacionada coa lóxica-matemática!!! Fixérono moi ben!!!
Esperamos repetir pronto!!!👌

http://www.disfrutalasmatematicas.com/juegos/torre-de-hanoi-2.html